• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     

Sinsal SON Estrella Galicia

Sinsal SON Estrella Galicia

Sinsal Son Estrella Galicia é un dos festivais máis singulares de Europa. Ten lugar nunha illa, a de San Simón (Redondela), situada na espectacular Ría de Vigo, desenvólvese durante o día e o público só pode acceder ao festival nos barcos fletados pola organización. O prezo da viaxe en barco está incluído no prezo da entrada.

A viaxe á illa é o punto de partida dunha experiencia única. A outra circunstancia que fai de Sinsal Son Estrella Galicia un novo modelo de festival é o cartel secreto. Liches ben, si. O público non coñece o nome dos artistas até que entra na illa. Un cartel con referencias de diferentes puntos do planeta, coa calidade e capacidade de sorprender que caracterizan a Sinsal, que unicamente 800 persoas poden gozar cada día.

O Festival Sinsal Son Estrella Galicia foi galardado como Mellor Festival español de Formato Pequeno nos Premios Fest 2015.

Promotores: Sinsalaudio S.L.

Ano de creación: 2002

Periocidade: xullo

Duración: tres días

Lugar de celebración: Illa de San Simón, Redondela, Rías Baixas

Datas aproximadas de celebración: 21-23 de xullo 2023

Tal vez tamén che gusten