• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     

Espazos Sonoros

Espazos Sonoros

Festival organizado en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, que pretende vencellar a música coa posta en valor do patrimonio histórico-artístico, mediante a celebración de concertos de música clásica e outros estilos musicais ao longo de diferentes e sorprendentes espazos de interese cultural das catro provincias galegas. O festival pretende servir de punto de encontro entre públicos e artistas ao tempo que de marco de referencia para a presentación de propostas artísticas. O ciclo estrutúrase en catro eixos fundamentais: a música de cámara, música antiga, música para órgano e outros estilos musicais contemporáneos. Ademáis, a programación se complementa con diferentes actividades arredor do patrimonio e obradoiros musicais. Polo festival pasaron artistas de primeira talla como Gothic Voices, Andrew Laurence-King, Trio Joubran, Ensemble Kapsberger, Oni Wytars, Huelgas Ensemble, Moscow Art Trio, Arianna Savall, Gilles Binchois, Germán Díaz, Martin Codax, Resonet, Quadriga Consort, Les Sacqueboutiers de Toulousse...

Promotores: SIRGO TORCENDO S.L. xestión cultural

Ano de creación: 2008

Periocidade: Anual

Duración: Ca. dous meses

Lugar de celebración: Galicia

Datas aproximadas de celebración: 1 Setembro - 7 Outubro 2018

Tal vez tamén che gusten