• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     

Resurrection Fest

Resurrection Fest Resurrection Fest

Contacto

(+34) 691 204 496
(+34) 686 415 074
http://www.resurrection-fest.com
david@onp-productions.com

Resurrection Fest

O RESURRECTION FEST é un macrofestival de tres días de duración que, en so oito edicións, se converteu nunha referencia metal e hardcore punk da Península e un dos rpincipais festivais de Europa no seu xénero.

Decenas de miles de xóvenes reúnense cada verán nun enclave incomparable, situado entre a praia e a montaña. Acoden atraídos pola experiencia completa que ofrece o festival, para gozar dun programa musical e deportivo que convive coa cultura, natureza e gastronomía de Viveiro.

Sendo o único festival que presenta unha oferta semellante (70 bandas) no panorama nacional o RESURRECTION FEST conseguiu ano a ano sumar un número crecente de fieis que chegan a Galicia dende toda a xeografía española e europea: Portugal, Francia, Reino Unido, Italia…

Foron 143.000 persoas as que pasaron ata o momento polo festival ao longo dos seus oito anos de historia. Na súa última edición (2013) o RESURRECTION FEST conseguiu reunir ata 33.965 persoas durante os tres días.

A política de “low cost” (euro por banda), a exclusividade do cartel (data única en España de artistas internacionais), a diferenciación dentro do circuíto europeo de festivais, e a involucración do público son catro factores clave para explicar o crecemento do festival. O criterio de calidade na selección de bandas e ofrecer o cartel máis especializado no seu xénero é parte da filosofía que se mantén intacta dende os inicios.

Ao longo da súa historia contou con artistas de primeiro nivel como Slayer, Bad Religion, Lamb of God, Killswitch Engage, Hatebreed, Trivium, Down, Suicidal Tendencies, Dead Kennedys, Bullet For My Valentine ou Bring Me The Horizon; ou referenctes da escena nacional como Angelus Apatrida, Soziedad Alkoholika, Berri Txarrak, Toundra ou Lendakaris Muertos.

Outros datos do festival son: un dos maiores “band contest” de España e Portugal, con máis de 400 inscritos e máis de 25.000 votos; 250 traballadores directos e máis de 500 indirectos, cun impacto socioeconómico de 3,3 millóns de euros na comarca; máis de 200 medios de prensa acreditados chagados de toda España e dende Francia e Portugal; 100.000 persoas vendo a retransmisión en directo por Internet; e presenza no top 20 dos festivais españois nas redes sociais.

Promotores: O.N.P. Producciones

Ano de creación: 2006

Periocidade: Anual

Duración: Tres días

Lugar de celebración: Viveiro, Lugo, Spain

Datas aproximadas de celebración: 28 xuño-1 de xullo 2022

Tal vez tamén che gusten