• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     

VdeValarés

VdeValarés

VdeValarés é un proxecto que se basea nunha experiencia colectiva especialmente ideada para transformar unha pequena localidade nun punto de encontro músico-cultural.

Unha nova idea que une espazos e que leva os asistentes a experimentar novas sensacións, nas que deberán poñer os cinco sentido; debates, talleres, conferencias, encontros, concertos... unha auténtica explosión cultural. Unha posta en valor real que converte a cultura e o ocio en factor dinamizador da economía local, enfocada ao festival, capaz de xerar valor engadido entre diferentes sectores económicos relacionados co turismo.

Unha escapada á Costa dá Morte, con entradas para un festival de música, ao lado da praia, en plena natureza e nun concello cunha gastronomía única en toda a península.

Esta é a proposta de VdeValarés: un convite a gozar de moito máis que un festival de música de verán, ofrecendo unha experiencia única de turismo alternativo, unha forma alcanzable e diferente de pasar un día irrepetible, unha experiencia para os cinco sentidos.

Polo festival xa pasaron nomes como: Los Coronas, Fuel Fandango, El Columpio Asesino, Niños Mutantes, Meu, Mendetz, Guadalupe Plata, Mvnich, La Pegatina, Capsula, Amable Dj, Grises, Dolores, His Majesty the King, Rubick, Anika Sade, Sex Museum, Tachenko, The Bright, Xoel López, Eme Dj, Varry Brava, The Casters…

Promotores: I Wanna Management

Ano de creación: 2006

Periocidade: Anual

Duración: 24 horas

Lugar de celebración: Praia de Balarés, Ponteceso, A Coruña

Datas aproximadas de celebración: 18-19 de agosto

Tal vez tamén che gusten