• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     

High Gain Fest

High Gain Fest

Segundo asalto para o deleite dos amantes do stoner, o metal e o rock. Nesta edición de 2017, máis ambiciosa se cabe, pretendemos abrir o abanico con música para todos os gustos dentro da nosa filosofía High Gain: a distorsión como motor das nosas actividades.

Como prato principal teremos a BULTO, entre Ourense, Santiago, os Vozzyow, metal, punk castizo, rock aberrante, math-algo e moita brasa, naceu este “Supermercados Buitre” (2017), o seu primeiro artefacto, unha choiva de mala hostia que a ver como fas para xestionala. Logo de tocar en varios festis como Barroselas, Facela Fest ou La Faena II e facer una visita á meca do Rincón Pío Sound veñen coas pilas cargadas para derretervos o lombo.

A novidade non sempre implica inexperiencia! Con compoñentes de grupos como Supa Scoopa, Sem Resposta, N.O.T, Ofensiva ou Zangief, Mano de Piedra veñen con ración dobre de distorsión e sons gordos-gordos. Este será un dos seus primeiros concertos, exclusiva High Gain e, xa vos podemos ir adiantando, que van dar moito que falar estes mozos de Vigo. Definilos non e sinxelo, pero son afíns a grupos como Entombed, Mastodon e Megadeth, todo pasado pola sua batidora sludge-metal.

Gravesen igual che meten un tema para poguear que che contan as suas paranoias sobre a eutanasia e polo medio farán que teñas dor no pescozo do headbanging. Non lle teñen medo a mistura, o seu e unha de grunge e outra de stoner, con toques de rock alternativo. Este grupo formado en 2016 non para de tocar e segue a preparar o que será a sua primeira referencia.

Ano de creación: 2017

Periocidade: Anual

Duración: 1 día

Lugar de celebración: Cangas do Morrazo

Datas aproximadas de celebración: 9 de setembro

Tal vez tamén che gusten