• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     

Festival de Música de Cámara Cidade de Pontevedra

Festival de Música de Cámara Cidade de Pontevedra

O Festival de Música de Cámara Cidade de Pontevedra pretende amosar conxuntos orixinais dentro do que, comunmente, se coñece como «música culta». Buscamos achegar a todo tipo de público aos concertos que programamos e, para iso, é necesario ofrecer algo novedoso.

Ademais, é importante para nós ter un lugar onde poder impulsar a intérpretes galegos que xa están tocando arredor do mundo e, con todo, non teñen un espazo para demostrar todo o que fan en Galiza.

Nesta primeira edición contaremos con:

Esjedon Dúo, formado pola chelista de Ponteareas Alba Reirís e o clarinetista grego Spyros Fakiolas. Esta inusual agrupación mesturará obras clásicas como dúos de Beethoven con obras orixinais con aires galegos e gregos.

Dúo Xistra, formado polo frautista Juan Cernadas e a acordeonista Nerea Rodríguez, ambos pontevedreses. Este dúo presentará un programa que vai dende o barroco ata a obras contemporáneas compostas por eles mesmos. Buscan dar unha nova perspectiva a obras clásicas, aportando así novas sonoridades a pezas xa coñecidas.

Acompáñanos a vivir a música de cámara dende outro punto de vista!

Promotores: Asociación Música Viva, Concello de Pontevedra

Ano de creación: 2018

Periocidade: Pontevedra

Datas aproximadas de celebración: 9 ao 12 de Xullo

Tal vez tamén che gusten