• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     

Festival Arteficial

Festival Arteficial

Logo de case unha década de andadura, o festival Arteficial vaise definindo cada vez máis sobre a idea de proxecto que a asociación tiña nos seus comezos.

O festival sempre apostou polas actividades culturais que ano tras ano complementaban o apartado musical, obradoiros culturais que sempre versaron sobre a arte e todos os seus procesos. Isto posibilitou unha gran variedade de inicativas: musicoterapia, risoterapia, graffiti, banda deseñada, escultura, fotografía… que edición tras edición aportaron valor engadido e un selo de identidade ao noso festival.

Na actualidade, para medrar como asociación e ter un papel máis activo, decidimos levar a cabo unha programación máis continua no tempo para deste xeito non saturar demasiado o festival, e máis ben centrarse na parte musical. Con isto expandimos o noso festival en datas, facendo outras actividades anuais como o Colchoneta Film Festival no mes de abril, onde o cine social é protagonista na capital do Ribeiro.

Aínda así, Arteficial non só está composto de música, xa que ten actividades coma un mercado, no que coexisten novos creadores e máis iniciativas parellas, exposicións de fotografía da man da Asociación de Fotógrafos do Ribeiro e outros artistas, todo isto, nun novo marco incomparable para o desenvolvemento da nosa iniciativa, a praza da Madalena, praza de Buján e Antiga Igrexa da Madalena (reconvertida agora centro sociocultural) no centro do casco histórico da vila.

Así chegamos á nosa 10ª edición máis consolidados ca nunca tanto a nivel de festival coma de asociación, dirixíndonos cada vez a un público máis homoxéneo e fomentando a cultura máis vangardista dentro da nosa comarca.

O festival realizase en setembro, acompañando o programa das festas patronais da vila de Ribadavia, en formato de romaría alternativa diúrna con música ao vivo dende aproximadamente as 12 da mañá do sábado ata o solpor.

Promotores: Asociación Arteficial

Ano de creación: 2007

Periocidade: Anual

Duración: Un día

Lugar de celebración: Ribadavia (Ourense)

Datas aproximadas de celebración: 2 de setembro

Tal vez tamén che gusten