• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     

Sirgo Torcendo SL

Sirgo Torcendo SL

República de el Salvador, 17, 4º. 15701 Santiago de Compostela (A Coruña)


Contacto:
Belén Bermejo
(+34) 981 935 719
(+34) 600 406 301

contacto@sirgotorcendo.com

Sirgo Torcendo é unha empresa dedicada á busca de solucións eficaces e innovadoras no eido da xestión cultural que ofrece un trato personalizado e axeitado ás necesidades específicas de cada cliente. O compromiso coa cultura, coa nosa, e coas outras culturas, a aposta pola innovación e pola calidade son os fins que inspiran a nosa xestión.

SERVIZOS:
—Concepción, deseño e execución de todo tipo de proxectos culturais.
—Servizos como axencia para contratación de artistas nos eidos da música, a ilustración e a escena.
—Secretaría privada para artistas: asesoramento para o desenvolvemento dun concepto artístico, elaboración de folletos e material de promoción, deseño de páxinas web para artistas, contratación, xestión de xiras e concertos, organización de viaxes, loxística, deseño e fotografía para webs e elementos de mercadotecnia.
—Servizos para a produción e organizacións de espectáculos e eventos.
—Asesoramento para a organización e produción de ciclos e programacións culturais.
—Asesoramento na organización de todo tipo de actividades didáctico-musicais para museos, centros educativos ou sociais.
—Desenvolvemento de conceptos expositivos: idea e elaboración de contidos, deseño técnico, produción e montaxe.

GRUPOS REPRESENTADOS:
Martín Códax
Grupo de Música Antiga 1500
Vox Suavis
Eduardo Egüez
Oni Wytars
Austrian Baroque Company
El Café de Sevilla