• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Grupo de Música Antiga 1500

O grupo 1500 é unha formación vocal e instrumental dedicada á interpretación da música antiga. O seu repertorio abrangue desde a música composta nos séculos centrais e finais da Idade Media, ata a música do Renacemento e primeiro Barroco, tomando como referente central o ano 1500. Os e as compoñentes de 1500 contan cunha ampla traxectoria concertística, sendo membros ou colaborando con outras formacións de ámbito nacional e internacional, e teñen ofrecido numerosos concertos en Galicia, España e no resto de Europa. Na interpretación e elaboración dos diferentes programas, o grupo busca o máximo rigor histórico e conceptual, e emprega un amplo repertorio de instrumentos medievais e renacentistas. Ademáis da súa actividade concertística, o grupo de Música Antiga 1500 desenvolve outro tipo de proxectos relacionados coa música, desde a súa concepción e deseño, ata a súa execución: bandas sonoras para audiovisuais e teatro, concertos, guías e materiais didácticos para as diferentes etapas do ensino, recitais de poesía e música e concertos monográficos de temática específica para diversas conmemoracións. Desde a súa creación, o grupo ten ofrecido numerosos concertos: Festival Espazos Sonoros, Festa da Istoria de Rivadabia, Músicas na Compañía, Ciclo de órgano de Xunqueira de Ambía, Semana Santa de Foz, Semana Santa de Ourense, Centenario de San Rosendo en 2006, Museo de Belas Artes da Coruña, Músicas da Itinerancia, Música nas Ruínas de Pontevedra, entre outros.

Contratación

Sirgo Torcendo S.L.
Belén Bermejo
(+34) 981 935 719
contacto@sirgotorcendo.com

Vídeos

Quando ritrovo la mia pastorella

GRUPO DE MÚSICA ANTIGA 1500, MARCO AMBROSINI

Neuma-Alle Psalite (Códice de Montpellier, S.XIII)

GRUPO DE MÚSICA ANTIGA 1500

Ricardo I Corazon de Leon

GRUPO DE MÚSICA ANTIGA 1500

Pastorella with Marco Ambrosini

GRUPO DE MÚSICA ANTIGA 1500

Francesco Landini (1325-1397)

GRUPO DE MÚSICA ANTIGA 1500

So ell enzina

GRUPO DE MÚSICA ANTIGA 1500

Tal vez tamén che gusten

A Gaita Vai á Igrexa

Fernando Pérez Fernández

Nuria Lorenzo López (mezzosoprano)

Grupo de Música Antiga Martin Codax

Julia Cea e Grupo - Lírica Medieval Galega