I PREMIOS DA INDUSTRIA MUSICAL DE GALICIA
Xa se coñecen os gañadores dos I Premios da Industria Musical de Galicia, que se entregaron onte na Sala Capitol de Santiago de Compostela durante unha gala que presentou Tamara García Romero e pechou Señera DJ.
Estes premios nacen co impulso de Agem, Asociación Galega Empresas Musicais, para «poñer en valor aquelas traxectorias, proxectos e iniciativas que destacan polo seu compromiso coa creatividade, a innovación, o respecto e a sustentabilidade no sector musical galego», e contan co apoio da Xunta de Galicia a través da Axencia das Industrias Culturais.
Dos premios dous foron decididos pola xunta directiva de AGEM (Artista do Ano e Persoa do Ano); un, por votación popular (Excelencia na Experiencia do Público); e os catorce restantes, por un xurado integrado por Anxela Baltar, Cecilia Carballido, María Baqueiro, Noel Miguélez, os xornalistas Tito Lesende e Javier Becerra, e a Fundación Paideia.
Estes son os gañadores nas 17 categorías dos galardóns. Parabéns!
Artista do Ano
Carlos Ares. "Pola súa contribución á difusión da cultura galega. O artista consolidouse no circuíto nacional como un talento innegable, cunha identidade artística única e un directo que conquista seguidores concerto tras concerto".

Persoa do Ano
Francisco Gómez “Gandy” de Copra Producciones. "Polo seu labor fundamental e silencioso na consolidación da música en directo en Galicia".

Premio á Excelencia na Experiencia do Público
Surfin The Lérez. "Este recoñecemento destaca a capacidade deste festival pontevedrés para ofrecer experiencias únicas, poñendo ás persoas espectadoras no centro e facendo da música un punto de encontro, emoción e identidade compartida".
Mellor deseño de iluminación
Teresa Tresandí, por DILUVIO, de Tanxugueiras

Mellor implementación de son
Iago Blanco, por La máquina del buen rollo, de The Rapants

Mellor empresa provedora de servizos



Mellor profesional de produción
Xabi Carnota

Mellor manager
Kin Martínez

Mellor produción discográfica
Juan de Dios, por Feira, de De Ninghures

Mellor posta en escena
Marina Oural e Ugia Pedreira, da Oficina Galega de Outros Asuntos do Movemento, por Síntese horizonte, de Guadi Galego

Mellor promotor/a – programador/a
Julio Gómez e Luis Campos, de Sinsalaudio

Mellor proxecto de comunicación
Bring the Noise, polo Resurrection Fest Estrella Galicia

Mellor identidade visual
Lara Caeiro, Sandra Montero, Noemí Solla, Kika V Ramil, Arantxa Brandón e Fillas de Cassandra, por Hibernarse, de Fillas de Cassandra

Mellor videoclip
Santi Iglesias, Sergio “Steel” e Fillas de Cassandra, por Hibernarse, de Fillas de Cassandra
Mellor evento cultural / musical
Surfing the Lérez

Mellor espazo musical

Mellor proxecto de sustentabilidade
Festival de la Luz


