• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Groovy Harp

Unha harmónica e un loopstation; ese é o punto de partida de Groovy Harp, o proxecto deste músico picheleiro do ‘71 que responde ao nome de Pablo Llovo.

A partir de aquí, tema tras tema, o seu firme propósito de liberdade creativa —o único que se impuxo— levaralle a moverse por estilos e sonoridades de maneira incerta, pero incerta na súa acepción de modificable, transformable.

Alguén definiu “La Mer” como “ese bucle dixital, a alma analóxica do proxecto, ten o matiz da tradición máis sólida con aromas á electrónica europea clásica. Bravo”. (Pablo Villanueva).

De “La Mer”, Groovy Harp salta a “Lobiño Contra O Coronavirus”, unha rockeira canción infantil para facer rir aos máis pequenos, e a quen non o é tanto, en épocas un tanto escuras… e queda tan ancho! Impredicible, Groovy Harp.

Contratación

Vídeos

OFF-BEAT (arosa beach)

GROOVY HARP

Lobiño contra el coronavirus

GROOVY HARP

From Alaska To Aranjuez

GROOVY HARP

La Mer

GROOVY HARP

Tal vez tamén che gusten