• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Micro Moon

Micro Moon é un dúo electrónico formado por dous músicos con traxectorias diferentes: Isabel é unha pianista de formación clásica á que lle gusta enredar con sintetizadores, pero que traballa de científica durante o día. Foi precisamente a ciencia o que a levou a Inglaterra onde deu con Stephen, quen desde cativo tocou a guitarra e o baixo en varias bandas coas que sacou discos, ademas de tocar en directo no circuíto independente.

Micro Moon é un proxecto completamente caseiro, que combina sons atopados e texturas creadas coas formas electrónicas máis tradicionais.

Ambos fanáticos do fabuloso Radiophonic Workshop da BBC, os seus membros crean música electrónica de xeito orgánico; mesturas de capas e paisaxes sonoras que evocan futuros perdidos. As súas influencias van desde bandas sonoras de pelis de terror ata a música clásica, de Goblin a Glenn Gould.

Contratación

Isabel Perez Castro

micromoon20@gmail.com

Discografía

Night shift

MICRO MOON

2023, Sunken Stream

The Fear Frequency

MICRO MOON

2023, Sunken Stream

At the end

MICRO MOON

2021,

Public Health

MICRO MOON

2020,

Landing Lights

MICRO MOON

2020,

Tal vez tamén che gusten