
A fusión de ritmos indíxeno-arxentinos, folclore galego e bases electrónicas enérxicas é a carta de presentación de Catuxa Salom, unha artista que irrompe con forza na escena independiente coa publicación do seu EP “Nunha aldea” (2022), sobre a aproximación ao mundo rural.Percorreu máis de media centena de salas de concertos e festivais de toda España, compartindo escenario con artistas como Rozalén, El Kanka e Sra. Tomasa, entre outros. O seu directo ofrece unha experiencia visual e sonora envolvente, cunha posta en escena deseñada por Javier Marimón, vestiario vangardista de Ana Surma e o acompañamento de Lucía Cortiñas e Yudit Almeida na percusión, contrabaixo e sintetizadores.En 2024 recibe o Premio Martín Códax na categoría ‘Músicas do Mundo e Mestizaxe’ e, en novembro dese mesmo ano, publica o seu primeiro LP “Cāldo” (2024).
Contratación
Urdime s coop galegaÁngela Vila 698 132 935 - 981 937 424 distribucion@urdime.net