• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Martin Human

HUMAN é un trío musical con influencias do rock americano e do country: Martín (voz, guitarra), Richi (baixo, coros) e Marcos (batería). Todos os membros son orixinarios da Pobra do Caramiñal, un pequeno pobo costeiro das Rías Baixas.

Os primeiros pasos da banda xurdiron facendo versións das cancións que lles gustaban e, logo dun ano tocando ao vivo, comezan a considerar a idea de sacar material propio. “Anomaly” (2023) é un EP que amosa as luces e sombras de diferentes etapas da vida. Obra grabada e producida polo propio grupo, acada de forma sinxela e sincera reflectir o seu son dun xeito cru pero efectivo.

Gustarache se che gusta The White Buffalo, Pearl Jam, Creedence, Foo Fighters…

Contratación

Silencio Roto Live
Richi Boo
675 295 803 - 678 998 247
human.bandd@gmail.com

Discografía

Anomaly

HUMAN

2023, Independiente

Vídeos

What is wrong

MARTIN HUMAN, MARGARIDA MARIÑO

En Vilo con Human

HUMAN

Contagious

HUMAN

Tal vez tamén che gusten