
Scarecröw é unha banda de heavy rock de Galicia formada en 2022 por membros procedentes de bandas como Fungo, Enkord e Innerself, entre outros. Eles son Carlos Barreiro (voz), Roberto Pazos (batería), Luis Miguel Diz, José Ramón Diz, Ernesto Montero (guitarras) e Diego Freire (baixo).Teñen un álbum autoeditado en xuño de 2022, “Twenty Years Ago”, e dous EP. O “Vol. I”, lanzado en decembro de 2024, mesturado e masterizado por Carlos Arcay en Arcay Mixing & Mastering e un “Vol. II”, que saíu o 17 de xullo de 2025.En setembro de 2025 comezan a gravar o seu primeiro videoclip oficial da man de Exeria Producións e ese mesmo mes dará comezo a súa primeira xira de concertos por Galicia e o norte.Destacar o primeiro posto como agrupación gañadora da Batalla de Bandas do festival Flores Rock no Coliseum da Coruña en agosto de 2024, e a participación no Festival Flores Rock en xullo do mesmo ano, compartindo cartel e escenario con bandas como: Koma, Vantroi, Banda Bassotti ou Sínkope. Tamén acadaron o primeiro posto como como gañadores no concurso de Cuac FM, alzándose co primeiro premio entre máis de 120 grupos.Sinalar tamén as cuñas, recensións e publicacións de Mariskal Rock, entre outros, durante estes meses e a inclusión nos 20 Más Duros” do mes de marzo. Tamén a difusión en radio de diferentes países como Hoex Radio en Países Baixos, LimaWildRock en Perú e Washington, a Hora Argonauta de Jason Cenador en Madrid, entrevistas na TVG e en diferentes medios de Latinoamérica.