• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
raze

raze é unha artista multidisciplinar queer de Vigo cuxa proposta mestura electrónica, pulsos de club, ritmos caribeños e pop contemporáneo. A súa música combina capas sintéticas, percusión rítmica e melodías envolventes, construíndo un universo onde dialogan son, corpo e imaxe.

A súa investigación artística baséase na tensión entre opostos: o orgánico e o electrónico, escuridade e luz, feminidade e masculinidade.

En 2026 publica ºoº, o seu EP debut, un traballo que explora transformación, desexo e movemento desde unha paisaxe sonora onde conviven enerxía rave, sensibilidade melódica e experimentación. Os adiantos “brumbrum”, “mágiK” e “dozeº” xa descubriron distintas facetas do seu imaxinario.

Entre as súas referencias conviven Arca, Charli XCX, The Beatles ou SOPHIE, trazando unha proposta onde club, emoción e experimentación dialogan constantemente.

Contratación

Alende
Sara
620 125 057‬
ola@alende.gal

Discografía

ºoº

RAZE

2026,

Vídeos

dozeºdanzevídeoº

RAZE

mágiK

RAZE

brumbrum

RAZE

Tal vez tamén che gusten