Portosanto é un grupo galego formado por Anaís, Andrés, Nuno, Simón e Xoel, os mesmos integrantes que compartiron unha longa traxectoria musical nunha etapa anterior baixo o nome de Oh! Ayatollah. Hoxe preséntanse como un proxecto novo, con identidade propia e unha mirada que asume o pasado sen instalarse nel. Máis que un regreso, o seu é un comezo consciente: cinco músicos que se coñecen o suficiente como para tensar, cuestionar e afinar cada idea ata convertela en algo común.
Contratación
Ernie RecordsJosiño Carballo 986 76 74 19 info@ernierecords.com
