Mel de Meiga (MdM) somos un grupo folk galego que levamos dando guerra dende o 2012; e no que tratamos de misturar os ritmos e sonoridades propias da nosa terra con outros xéneros máis alternativos como o reggae, o ska, o rock, e incluso o punk. O resultado é un estilo musical potente e fresco, que transmite unha gran forza e enerxía; e que, a través dunhas letras propias e comprometidas, pretende abrir mentes e facer pensar sobre algúns dos problemas e dificultades que máis afectan a este pobre mundo que nos tocou vivir.Tras anos de silencio forzoso, este 2026 temos o pracer de presentarvos o noso último traballo discográfico. Trátase de cinco temas de estudio, grabados polo noso querido productor Javier Vicalo, nos estudios “Escusalla Sonora”; e un tema en directo extraído dun dos - l l últimos concertosna nosa vila de Arbo. Con este disco, ao que titulamos “Sen Medo”, pretendemos sacar toda esa enerxía e raiba que levamos anos acumulando e que se traduce nun sonido moi potente e enérxico; e nunhas letras atrevidas e comprometidas socialmente, bastante afastadas das do noso primeiro disco “Crecente”. O resultado, de seguro, non vos vai a deixar indiferentes.
Contratación
Reva CulturaJose Pereira 610 470 368 revacultura@gmail.com
