• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
TaínBlues

Proxecto en solitario do bluesman ourensan David Taín, músico que leva moitos anos actuando, compoñendo e gravando na escena musical galega.

Comezou a súa carreira nunha banda viguesa chamada Callejón sin Salida (1987-1993). A segunda formación desta banda mudou o seu nome a Las Rockas (1993-1997), e con ise nome de guerra gravaron cinco temas que foron publicados en casete por West Records (1995).

Dende 1999, é cantante e guitarrista da lendaria e máis antiga banda de rock de Ourense, “Mitocondrias”, con ista formación que gravou cinco LP´s e actuou por toda España.

Outras bandas das que formou parte inclúen: Doc Magoo's (2011-2018) e Barbaña Blues (2019- na actualidade o acompañan en moitos concertos).

O 31 de xaneiro 2026 sacou o seu primeiro EP, titulado "Dende a aldea", podese escoitar en streaming ou descargar en todalas plataformas dixitais agás Spotify.

Títulase "Dende a aldea" porque tres das cancións foron gravadas en directo na aldea onde reside.

A excepción é a canción "Champagne & Reefer", gravada en directo para "Vadal Novas TV" o 26 de xullo de 2023, con Esaú Pérez á harmónica. Esta canción ten un video aloxado en You Tube.

Dende o 31 de marzo 2026 se pode escoitar en streaming ou descargar en todalas plataformas dixitais, agás Spotify. A canción Andar Miudiño (Psychedelic Dub Mix), firmada por Taín @ Casta.

Contratación

David Taín Guzmán
607 163 250
dtaines@yahoo.es

Discografía

Andar Miudiño (Psychedelic Dub Mix)

TAÍN & CASTA

2026,

Dende a aldea

TAÍNBLUES

2026,

Vídeos

Andar Miudiño (Pschedelic Dub Mix)

TAÍN & CASTA

Champain & Reefer

TAÍNBLUES

Tal vez tamén che gusten