Alexandre Cabanelas Trío é unha proposta de jazz que nace da man do saxofonista ourensán Alexandre Cabanelas que, logo da disolución de 4Mal Quartet Jazz, decide emprender un novo camiño. Esta formación nace coa intención de explorar novas sonoridades dentro do jazz, partindo de clásicos levados cara ao jazz fusión e ao tempo incorporando composicións propias. O trío está formado por Alexandre Cabanelas aos saxos, Efrén Nóvoa ao baixo eléctrico e Héctor Pérez á batería, tres músicos cunha ampla experiencia en diferentes estilos, formando parte de diversos grupos e gravacións. Esta combinación de instrumentos permite unha estética versátil, dinámica e chea de matices na que cada instrumento ten un papel fundamental que xera unha liberdade de improvisación que non é posible en formacións máis grandes.En agosto de 2026 publicouse o seu primeiro single, "Beatrice", que serve como adianto do álbum que verá a luz en outubro. Este primeiro tema dá mostra do espírito do trío, unha música honesta, fresca e cunha sonoridade moderna e accesible, sen renunciar á complexidade e á riqueza da improvisación.Alexandre Cabanelas Trío preséntase así como unha formación que busca consolidarse dentro da escena galega cunha proposta sólida, actual e chea de personalidade.
Contratación
Alexandre Cabanelas 637 949 076 alexandre.cabanelas@gmail.com
