• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Marcos Díaz

Recoñecido pola súa elegante musicalidade, mestría técnica e rigor estilístico, Marcos Díaz gañou gabanzas entusiastas tanto do público como dos críticos en todo o mundo, consolidando unha reputación que o sitúa entre os mellores guitarristas clásicos da súa xeración.

Finalizados os seus estudos musicais no Real Conservatorio Superior de Música de Madrid, baixo a dirección do mestre José Luis Rodrigo e onde obtivo o “Premio Extraordinario Fin de Carreira de Guitarra”, participa activamente en Master Classes cos máis prestixiosos intérpretes do panorama guitarrístico internacional como David Russell, Manuel Barrueco, Sergio & Odair Assad…

Galardoado co Primeiro Premio no I Concurso de Guitarra “Cidade de Ourense”, Marcos Díaz inicia unha brillante traxectoria que o leva a participar como solista en importantes salas de concerto e algúns dos festivais e ciclos internacionais de guitarra máis sinalados de Europa e Estados Unidos.

Os seus catro CDs, editados polo selo discográfico Ópera tres, convertéronse en gravacións de referencia no mundo da guitarra, obtendo en todos eles unha excelente acollida pola crítica internacional.

Alén dos seus compromisos de gravación, concertos e publicacións, Marcos Díaz é un moi solicitado mestre que inspirou a moitos novos valores da guitarra aos que lles transmite ilusión, coñecemento e paixón pola música.

Contratación

Manuela Domínguez
(+34) 988 374 282 - (+34) 636 725 083
manuela@marcosdiaz.com

Discografía

13 Sonatas. Domenico Scarlatti (1685-1757)

MARCOS DÍAZ

2012, Ópera Tres

Suites para violanchelo BWV 1010/1011/1012 Johann Sebastian Bach (transcripción para guitarra)

MARCOS DÍAZ

2005, Ópera Tres

Suites para violonchelo BWV 1007/1008/1009 Johann Sebastian Bach (transcripción para guitarra)

MARCOS DÍAZ

2003, Ópera Tres

Recital. Guitarra

MARCOS DÍAZ

2000, Ópera Tres

Vídeos

Scarlatti, Sonata K175

MARCOS DÍAZ

Scarlatti, Sonata K27

MARCOS DÍAZ

Tal vez tamén che gusten

Grupo de Música Antiga 1500

A Gaita Vai á Igrexa

Fernando Pérez Fernández

Lugo Camerata (LUCA)

Nuria Lorenzo López (mezzosoprano)