• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
2naFronteira

A cantante arraiana do Couto Mixto Carmen Penim e mailo pianista romano Maurizio Polsinelli forman dende 2008 o dúo 2naFronteira. No 2011 publican en Italia o disco "Humo en los ojos" (piano e voz), que recolle parte do traballo de composición daqueles anos, principalmente baseado en poemas de Carmen e de poetas en lingua española. O disco contiña xa dous temas orixinais en galego: "A lavandeira" e "Alalá dende Turín".

Dende hai algúns anos están inmersos na composición de músicas para poesía en galego, tanto clásica como de poetas actuais. Entre os seus traballos de composición destaca a musicalización de "Seis poemas gallegos", de García Lorca, ou de extractos de "Cantares Gallegos", de Rosalía de Castro. Tamén musicalizaron poemas do portugués Fernando Pessoa, de Valentín Paz Andrade, Celso Emilio Ferreiro…, proxectos, todos eles, recollidos no seu último disco, "Alma". Con temas deste disco, o dúo estivo no Parlamento de Galicia, en Culturgal e en variados auditorios. En "Alma" introducen o harmonio, que vén sendo nos últimos anos, a carón do piano, un elemento imprescindible nos seus concertos, que entronca con sonoridades antigas e tradicionais de Galicia. Recentemente, inician o traballo con dous harmonios e un shrutibox.

A principal característica do dúo é a perfecta unión entre a elevada calidade técnica e a gran paixón interpretativa, que non deixa indiferente. Destaca tamén pola súa gran liberdade creadora e por un eclecticismo que fai da súa unha proposta única no panorama galego actual da música con raizame.

Contratación

Independente
Carmen Pérez
(+34) 699 845 312 - (+34) 986 164 615
2nafronteira@gmail.com

Discografía

Sons de Nós

2NAFRONTEIRA

2015, Independente

Zapatiños para Díaz Castro

2NAFRONTEIRA

2014, Independente

Alma

2NAFRONTEIRA

2013, Independente

Humo en los ojos

2NAFRONTEIRA

2011, Independente

Vídeos

Teño unha dor

2NAFRONTEIRA

2naFronteira ao vivo con Rosalía

2NAFRONTEIRA

Ai capitán

2NAFRONTEIRA

Alalá dende Turín

2NAFRONTEIRA

A lavandeira

2NAFRONTEIRA

Cucurrucucú paloma

2NAFRONTEIRA

Tal vez tamén che gusten