• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     

Vídeos

DALDEA

APRENDIZ, VOLK GZ

"DALDEA" bota un ollar orgulloso cara o xenuino, cara o cotiá. Non hai postal nin frase feita, hai terra nas mans e frío pola mañá cedo, cando a xiada non deixa traballar. Porque isto é todo o que coñezo, e é tamén todo o que preciso.

"DALDEA" é a reivindicación duns ritmos de vida en sintonía co espazo que nos rodea, algo que pode parecer pequeno dende fóra, pero que para min está cheo de sentido. Facer o que hai que facer sen darlle máis voltas, porque iso está ben, porque hai cousas que son como son e son así por algo.

Dende o outro lado "DALDEA" é tamén unha resposta ao proceso de autoturistificación que neste momento vivimos como sociedade. Un proceso de exportación cultural no que estamos esquecendo o que queda dentro. Porque o que queda dentro somos nós, é o que estivo sempre.

Máis vídeos de Aprendiz

Bágoa de meiga

APRENDIZ, PETER PETROWSKI

Un día en Higharbor

APRENDIZ, SIBE

Tiempo

APRENDIZ

Lágrimas de sangre

APRENDIZ