Aprendiz (Nicolás Hermida López, 2002) é un artista galego procedente da localidade pontevedresa de Lalín. Aínda que de xeito máis artesanal, o seu estilo pode encadrarse na nova escena urbana galega. "Campo" (topónimo da aldea onde medrou) é o nome do seu álbum debut. Está composto por 12 pezas e ten como eixos centrais a reivindicación da Galicia rural interior e da muller labrega."Campo" é un álbum sementado e colleitado en Donsión. Nel reflexiono sobre a familia, sobre o fogar, sobre o rural e sobre a terra, e volto a ela, xa maior, para agardecer o suor de quen por tantos anos mantivo a estufa quente e o caldo enriba."Campo" é un álbum de música feita a lume lento e con cariño. É a (re)conciliación dun neno que estivo sempre vencellado á raíz sen saber sequera que o estaba. O lugar onde conecto cos cantares cos que miña avoa nos espertaba os sábados pola mañán.Porque en "Campo" hai lembranzas que hulen, que se edifican e vertebran unhas enriba das outras, coma os sacos de esterco, construíndo toda unha rede afectiva de vivenzas e valores. Unha comuñón que foi posible grazas á toma de conciencia pola grandeza das cousas máis cotiás que se poden vivir nunha casa pequena do interior de Galicia.Converxen así o costumbrismo, a voz popular das maiorías silenciosas e un milleiro de influencias que son froito dun profundo estudo sobre a muller galega, personificada nas figuras de miña nai e de miña avoa.
Contratación
Nicolás Hermida López 695 286 184 nicohermi20@gmail.com
