• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     

Vídeos

Con Nome De Lagoa

GALKAN

Presentamos "Con nome de lagoa", cuarto corte do noso EP.

Letra e música: Cristian Rodríguez, Galkan
Gravado e producido por: Eloi Pascual
Fotografía: Lina Lóbui

Letra:

As augas e o vento, as pedras e o chan,
as casas no aire e os paxaros a voar.
Que noite máis escura baleirando un lagar dunha cor
celeste.

Que txarka máis particular,
areeiras que me engolen e non podo respirar.
O aroma dos salgueiros, dos freixos, todo en flor,
deben de ser os Maios.
Un tornasol.

E non me queda pena de nadar no teu latexo,
a ledicia das túas ondas e a cor dos teu reflexos.
Tras o lume vén a auga coma un furacán
anegando os camiños, os lugares, e deixando o movemento
e nada máis.

A confusión matinal, un alento de Jharkov,
as ganas que non pasan e o recordo da túa voz,
que mestura mais estraña, orbitando ao redor dun sol nacente.

Volta á rutina habitual, non entendo nada, nin o quero tentar.
A cabeza que non para, os nenos que non calan, menos mal,
así non teño que escoitar os pensamentos de cada día.

Mais na lagoa podo estar, tranquilo un momento.
Un bico na fronte que fulmina eses medos.
Aínda que non hai mareas, só un momento puntual,
non é a lúa a que lle afecta, é a lúa a que se achega sen remedio,
para nadar.

Cristian Rodríguez: Baixo, guitarra e voz
Lina Lóbui: Voz
Abraham Herrero: Ventos

Máis vídeos de Galkan

Xota Do Esquecemento

GALKAN

Medo

GALKAN

Arrolo de Y

GALKAN

Ani

GALKAN