• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     

Vídeos

Xota Do Esquecemento

GALKAN

Presentamos "Xota do Esquecemento", peza ca que pechamos noso EP.

Letra e música: Cristian Rodríguez, Galkan
Gravado e producido por: Eloi Pascual
Fotografía: Lina Lóbui

Letra:

Que xa non recordo as caras, as flores,
as leiras, as cuncas, o viño, o solpor,
os chanzos, as pozas, as nubes, as noites,
as letras... do teu nome.
As pedras da igrexa, a auga da fonte,
as cancelas fechadas, as portas abertas,
cadeiras baleiras,
as notas... da túa voz.

E quedo pensando nas dúbidas, nos golpes,
en por que me pasa, isto onde acaba,
na afasia, na apraxia....
Na carga xenética, a carga moral,
a carga dos anos, a carga da historia,
as historias que contas, os contos que cantas,
en como será o final.

E agora te miro, e veñen recordos
de Quito, de Lima, da Paz, de Iguazú,
de Máncora, Córdoba, a Pampa, Jujuy,
de Salta... desas cores
da serra, da selva, do mar e do azul,
das noites na carpa, dos días sen luz,
das horas malditas, dos días pesados,
dos teus ollos
espertos, atentos, mirándome a min,
de Sucre, Coyhaique, de Medellín,
dos pasos na ruta, as lúas pasadas,
todas as pegadas que son só po.

Que xa non recordo as caras, as flores,
as leiras, as cuncas, o viño, o solpor,
os chanzos, as pozas, as nubes, as noites,
as letras... do meu nome.
As pedras da igrexa, a auga da fonte,
as cancelas fechadas, as portas abertas,
cadeiras baleiras,
as notas... da túa voz.

Cristian Rodríguez: Baixo, guitarra e voz
Lina Lóbui: Voz
Abraham Herrero: Ventos

Máis vídeos de Galkan

Con Nome De Lagoa

GALKAN

Medo

GALKAN

Arrolo de Y

GALKAN

Ani

GALKAN