• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
izq noticias  

COÑECE OS FINALISTAS DA XIII EDICIÓN DOS PREMIOS MARTÍN CÓDAX DA MÚSICA. VOL I

COÑECE OS FINALISTAS DA XIII EDICIÓN DOS PREMIOS MARTÍN CÓDAX DA MÚSICA. VOL I
12 MAIO 2026

Os finalistas que optan aos XIII Premios Martín Códax da Música, galardóns que organiza Músicas ao Vivo e contan co apoio da Xunta de Galicia, suman un total de 45 proxectos repartidos en 15 categorías musicais, aos que hai que engadir outros nove que se corresponden cos Premios Organistrum (Espazos de Comunicación Musical, Festivais e Salas) e tres por Artista Emerxente.

Os finalistas foron elixidos por un xurado profesional nunha primeira fase de votacións, da que saíron estes finalistas, agora é o turno do público. A votación popular estará aberta ata o vindeiro 24 de maio para que, ademais dos socios e socias de de Músicas ao Vivo, o público xeral poida ter unha maior participación efectiva no certame. Como facelo? Rexistrándose previamente en premiosmartincodaxdamusica.gal e seguindo estas sinxelas instrucións

Ao longo de tres volúmenes presentaremos os finalistas desta edición. Nesta primeira entrega repasamos as categorías de Rock e Punk; Metal e Heavy; Músicas Urbanas; Canción de Autor/a; Música Infantil; e Orquestras, Grupos e Música de Verbena. 

Os gañadores coñeceranse durante a gala de entrega de premios que se celebrará o 27 de maio no Pazo da Cultura de Pontevedra.

 

> ROCK E PUNK

Loita Amada

Broken Peach

Stoned at Pompeii

Ver en galiciantunes | Entrevista en galiciantunes (4/11/24)

 

> METAL E HEAVY

Urko

Keepers

Talesien

Ver en galiciantunes

 

> MÚSICAS URBANAS

Hugo Guezeta

Ver en galiciantunes

Habló Pablo

Ver en galiciantunes | Entrevista en galiciantunes (19/05/25)

Lumedoloop

 

> CANCIÓN DE AUTOR/A

Antía Muíño

Sangre de Muérdago

Ver en galiciantunes | Entrevista en galiciantunes (16/11/20)

Zeltia Irevire

Ver en galiciantunes

 

> MÚSICA INFANTIL

Paco Nogueiras

Ollo Piollo

Golfiños

 

> ORQUESTRAS, GRUPOS E MÚSICA DE VERBENA 

Lamatumbá

Orquestra Bravú Xangai

La Fórmula

 

izq noticias