• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
4Mal Quartet Jazz

4Mal Quartet Jazz é un grupo ourensán, máis concretamente do Carballiño, nado en 2015 como unha remodelación do dúo de jazz PARDEDOUS; este último creado en 2009 da man de dous amigos músicos que deciden ampliar horizontes.

Formado por Alexandre Cabanelas (saxos), Ángel Alfonso Gulías López (piano), Diego Mosquera (baixo eléctrico) e Alex González (batería), 4Mal Quartet leva desde 2015 dando concertos por todo o territorio galego, pasando por algúns locais moi importantes como A Arca da Noe (Vilar de Santos), A Taberna do Jazz (Pontevedra), A Corte dos Bois (Sandiás) e un longo etcétera.

O seu repertorio é un conxunto de temas orixinais, standards de jazz e versións de outros temas. En 2017 lanzan un crowdfunding para poder gravar o seu primeiro disco de estudio e, logo de acadar o obxectivo proposto, o álbum foi gravado e mesturado en Estudios A Ponte por Tomás Ageitos. Publican “Perspectivas” (2017) en outubro, composto por 10 temas de composición propia, agás a pista 8. Despois do lanzamento, o cuarteto sae de xira-presentación por toda Galiza co fin de promocionalo.

En febreiro de 2019 lanzan un single titulado "Pick Up Your Name", gravado en Mafia Records por Óscar Fernández, que nos transporta a novos horizontes do jazz.

Contratación

Alexandre
637 949 076
alexandre.cabanelas@gmail.com

Discografía

Pick Up Your Name

4MAL QUARTET JAZZ

2019, 4Mal Quartet Jazz

Perspectivas

4MAL QUARTET JAZZ

2017, 4Mal Quartet Jazz

Vídeos

Mr Clean (A Arca da Noe 2018 parte 6)

4MAL QUARTET JAZZ

Uncle Remus (Auditorio Municipal Manuel María)

4MAL QUARTET JAZZ

Dentro (A Bodega)

4MAL QUARTET JAZZ

Tal vez tamén che gusten