• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Valentín Caamaño

Valentín Caamaño Tubío é un guitarrista, vocalista e compositor nado en Santiago de Compostela. Comezou a tocar a guitarra na súa infancia en Oviedo, pero a súa carreira musical comeza xa vivindo en Santiago.

Finalizou estudos de Jazz e Música Moderna en Estudio Escola de Música (Santiago de Compostela) e participou en varias edicións do Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra, dirixido por Paco Charlín, e en diferentes clases maxistrais.

Lidera actualmente diversos proxectos entre os que destaca Valentín Caamaño Quartet, con Xosé Miguélez (saxo tenor), Alfonso Calvo (contrabaixo) e Miguel Cabana (batería).

O seu último disco “All The Gods” (Tiny Moon Records, 2022), o cuarto da súa carreira, foi editado o 27 de maio de 2022 e é seguramente o seu disco máis persoal, tendo as melodías como eixo central e composto sempre coas súas principais referencias musicais en mente.

Actuou na práctica totalidade da xeografía galega e nacional, tocando en festivais como o Festival Internacional de Lugo, Festival Primavera Jazz de Santiago, Festival Más Que Jazz Coruña, Festival Burgojazz, Festival NavalJazz Navalmoral, Festival Noites de Jazz Rianxo, Festival Betanjazz Betanzos, etc.

Contratación

Ana Fernández
(+34) 686 274 298
amduran.151@gmail.com

Discografía

All The Gods

VALENTÍN CAAMAÑO

2022, Tiny Moon Records

The Blind Wrestler

VALENTIN CAAMAÑO TRIO + XOSÉ MIGUÉLEZ

2017, Tiny Moon Records

Green With Envy

GREEN WITH ENVY

2017, Free Code

The Joy

VALENTIN CAAMAÑO TRIO

2014, Free Code

Vídeos

All The Gods

VALENTÍN CAAMAÑO

Tal vez tamén che gusten