• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Xosé Miguélez 4tet

“Contradictio” (Origin Records, 2022) é o segundo traballo como líder para a discográfica de Seattle, Origin Records, do músico galego Xosé Miguélez. Editado en marzo de 2022 en formación de cuarteto, no que destaca Jean-Michel Pilc, pianista franco-americano internacionalmente recoñecido, ao seu carón e dous dos máis importantes músicos de jazz en Portugal: Marcos Cavaleiro na batería e Carlos Barretto no contrabaixo.

Cunha fonda inspiración na música tradicional galega, “Contradictio” é un álbum de primeiras tomas que pretende trasladar a sensación do directo e a comunicación entre os músicos da banda ao oínte. O repertorio combina composicións orixinais con estándares do cancioneiro americano revisitados. O disco foi gravado en novembro de 2021 no CARA-OJM de Matosinhos (Portugal), e mesturado en Savik Sound (Ponte Caldelas) por José Trincado e Nuno Couto.

“Este álbum é unha revelación, músicos de alto nivel tocando xuntos e creando variacións de estándares e composicións orixinais dun xeito que se transmite máis aló da música". — Sammy Stein (Jazz Journalists Association), Jazzviews

“O saxofonista Xose Miguélez establécese na escena do jazz internacional. Despois do éxito de ‘Ontology’, ‘Contradictio’ amosa o seu talento mesturando o bob coa música étnica”. — Hrayr Attarian, Allaboutjazz

“‘Contradictio’ vai a estar nas listas do mellor do ano”. — Carlos Crespo, ‘Fugas’, La Voz de Galicia

Contratación

MadaPro
Inés Portela
690 195 217
info@madapro.gal

Discografía

Contradictio

XOSE MIGUÉLEZ 4TET

2022, Origin Records

Ontology

XOSE MIGUÉLEZ

2019, Origin Records

Vídeos

Contradictio

XOSE MIGUÉLEZ 4TET

Sweet Delia

XOSE MIGUÉLEZ

Tal vez tamén che gusten