• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Ben Richards Jr

BEN RICHARDS JR é o proxecto persoal e anónimo dun pioneiro das vellas xeracións do punk rap galego no 1995.

Desde 2010, este ourensán entréganos un capítulo anual da súa visión da sociedade actual; unha trapallada sorprendente, creando un personaxe ficticio e irreal que adereza as súas receitas con baterías electrónicas, caixas de ritmos con cheiro aos 80, baixos e sintetizadores futuristas que se mesturan ca súas letras comprometidas e controvertidas, desbordantes de ironía e que non deixan monicreque con cabeza, lanzando mensaxes que atizan coma un látego nas nosas conciencias.

Neobufón, xograr ou xenio, combinación de músicas urbanas, rap, electrónica, rock ou punk, escóitanse nos seus discos.

Seis maquetas e seis discos avalan a súa traxectoria; o máis recente, “Cosas que hacer en Ourense antes de morir” (2023), foi un verdadeiro reto que, por motivos de saúde, tivo que ser gravado cortando cada frase por separado, nun tempo récord e a contrarreloxo, e que vén cargado de disparos a quemarroupa no peito infame do capitalismo occidental; un verdadeiro axuste de contas.

Seguimos sen coñecer a súa verdadeira identidade, non ten redes sociais activas, non fai promocións... Trátase dunha proposta atrevida, icónico do absurdo, unha afiada crítica da nosa sociedade e do panorama musical actual.

Longa vida ao XIGANTE!

Contratación

ACI Produccions Ourense

airbeto@hotmail.com

Discografía

Cosas que hacer en Ourense antes de morir

BEN RICHARDS JR

2023, A.C.I . Produccions Ourense

El lado bueno

BEN RICHARDS JR

2022, A.C.I . Produccions Ourense

Los gatos no son como leones

BEN RICHARDS JR

2021, A.C.I . Produccions Ourense

La cabeza de un pez

BEN RICHARDS JR

2020, A.C.I . Produccions Ourense

Letters to Juliet

BEN RICHARDS JR

2018, A.C.I . Produccions Ourense

Infinite Love Stories

BEN RICHARDS JR

2017, A.C.I . Produccions Ourense

Callahan Sound System

BEN RICHARDS JR

2016, A.C.I . Produccions Ourense

Vídeos

el eco de las cavernas

BEN RICHARDS JR

el chefecito

BEN RICHARDS JR

cabeza de serrín

BEN RICHARDS JR

el Donbass, putos illuminati

BEN RICHARDS JR

iggy pop

BEN RICHARDS JR

otra novela de stephen king

BEN RICHARDS JR

Tal vez tamén che gusten