• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Boyanka Kostova

Boyanka Kostova é unha banda de rap/trap de Santiago de Compostela e a primeira en facer este estilo en galego. Logo de ter feito música xuntos en diferentes agrupacións, Cibrán García AKA $aibran Gx2 (voz) e O Chicho do Funk (produtor) empezan a compoñer cancións en marzo de 2016.

Dous meses despois, a súa primeira maqueta con dous temas estaría dispoñible para descarga gratuíta na rede e, a partir de aí, comezan a dar concertos. A finais de ese mesmo ano, Boyanka Kostova tocaría nas principais cidades de Galicia: Pontevedra (Liceo Mutante), Ourense (El Pueblo Café Cultural), Lugo (Mercado Street Food), Vigo (La Fábrica de Chocolate, MasterClub)... xunto con outros artistas do talle de Diola, Pálida ou PedroLaDroga. En novembro, a banda pasa a formar parte do selo discográfico La Melona (Santiago de Compostela). A súa xira de 2017 levounos a tocar en festivais como o Festival Noroeste Estrella Galicia, o Feito a Man, o Ciclo Atardeceres no Gaiás en Santiago de Compostela, La Fosa Común (Sala Caracol, Madrid) ou o Soundville en Barroselas (Portugal).

En marzo de 2018 sae o seu EP “Vella Canción Galega” (La Melona, 2018), cinco temas tan realistas como a vida mesma e sobordantes de ironía, que rozan a parodia dos esquemas sónicos e líricos do trap ao xogar coa sua vea festiva e amorosa, levando o auto-tune ao límite, buscando o rozamento corporal e o baile desenfrenado por igual e disparando rimas que definen (con fidelidade, pero tamén con orgullo) toda unha actitude vital lonxe da gran cidade.

Contratación

La Melona
Charli
(+34) 649 36 45 34 - (+34) 645 076 934
lamelonaeventos@gmail.com

Discografía

Vella Canción Galega

BOYANKA KOSTOVA

2018, La Melona

Maflekow

BOYANKA KOSTOVA

2016, Boyanka Kostova

(Maqueta)

BOYANKA KOSTOVA

2016, Boyanka Kostova

Vídeos

Sito

BOYANKA KOSTOVA

Eu non sei xq

BOYANKA KOSTOVA

Konaseinochan

BOYANKA KOSTOVA

Cervantes

BOYANKA KOSTOVA

1 Pokito Pa' Ti

BOYANKA KOSTOVA, PORKAS CREW

Boyanka Kostova

BOYANKA KOSTOVA

Tal vez tamén che gusten