• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Rayotaser

Rayotaser comeza en formato dúo con Álex Mera (Colectivo Oruga) e Pablo López (exIgloo) achegándose ao synthpop e á electrónica con moita personalidade. A súa música é un synthpop emocional e intenso que conecta con formacións como Dorian ou Presumido. “O noso pasado xa nos dirixe bastante. Radiohead, o grunge, Beck, Chemical Brothers... sempre foron compañeiros de viaxe; últimamente a escena synthpop está sacando a nosa parte máis sensible. Aínda así, a parte física e a invitación ao movemento seguen sendo dous eixes principais. Ás veces máis hedonista, ás veces máis sufrida, pero sempre invitando ao movemento”.

En 2019 chega “Robocops” (2019). Sete cortes gravados nos Radar Estudios de Vigo da man de Pablo Iglesias. Trala saída de Pablo López, Álex Mera da forma a “Incendio” (Ferror Records, 2022). Un traballo que nace dunha ruptura e o seu duelo. “As circunstancias impedíanme facer o que me salvou realmente toda a miña vida, compoñer. Encontreime sen capacidade de evadirme, de escaparme cos sintes. Así que entendín que debía deixar saír, escoitarme".

“Incendio” é un xogo de luces e sombras. O universo acóllenos neste redil para o alma inqueda. Rayotaser sufriron unha transformación gradual seguindo un plan perfectamente calculado para chegar a este preciso instante. Atopámonos con tristeza exuberante, amores que se evaporan mentres fogos artificiais explotan en cámara lenta e a serenidade que da descubrir que o tempo cura todas as feridas.

Contratación

Ferror Records
Álex
615 282 524
ferrorrecords@gmail.com

Discografía

Incendio

RAYOTASER

2022, Ferror Records

Robocops

RAYOTASER

2019, La Melona / Ferror Records

Vídeos

No Tengo Nada Que Hacer

RAYOTASER

Todo lo que pido

RAYOTASER

San Junípero

RAYOTASER

Tal vez tamén che gusten