• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Sandford Music Factory

“Altospeaker” é o cuarto disco de estudio de SMF e primeiro en ser producido na súa totalidade por eles mesmos; especialmente polo seu guitarrista, Xurxo G. Grandal, encargándose da gravación e mestura. Masterizado en MetroMastering da Coruña e editado en vinilo, CD e plataformas dixitais por Radix Records.

E grazas a iso, precisamente a iso, a saber o que queren e como o queren, gravaron o disco que sempre quixeron gravar. Dotando de máis contundencia e escuridade ao seu son, dando así unha sensación de densidade e musculatura sonora que non alcanzaran antes. Todas estas sonoridades fan de “Altospeaker” un disco co nivel de madurez perfecta.

Nove temas onde, sobre todo, destaca a personalidade de SMF nas composicións por riba de influencias que se poden apreciar e evidenciar, como en calquera outra banda. Personalidade curtida en catro discos de estudio, un EP de presentación, un acústico en directo e máis de cen concertos pola península.

O disco é unha viaxe por tres anos de pandemia e futuros incertos, melodías envolventes, grooves poderosos e riffs mastodónticos.

“Altospeaker” é música de inverno, altofalantes rotos, ansiedade liberadora, un motor turbodiésel tronando, unha tormenta de area, unha resaca feliz e o mellor disco de SMF ata a data.

Só é necesario que a xente se decate, sería unha mágoa que non se desfrutase como se merece. E iso, en parte, é tamén cousa vosa.

Contratación

Miguel Anxo (Tlf1) - Xurxo (Tlf2)
636 468 198 - 650 123 654
sandfordmusicfactory@gmail.com

Discografía

Altospeaker

SANDFORD MUSIC FACTORY

2023, RADIX RECORDS

Jofre

SANDFORD MUSIC FACTORY

2017, Autoeditado

Natural Behaviour

SANDFORD MUSIC FACTORY

2015, Autoeditado

Awen

SANDFORD MUSIC FACTORY

2011, RADIX RECORDS

Melted to Oblivion

SANDFORD MUSIC FACTORY

2008, autoeditado

Vídeos

Blind Spot

SANDFORD MUSIC FACTORY

Old Man

SANDFORD MUSIC FACTORY

Natural Behavior

SANDFORD MUSIC FACTORY

Dust, Sweat and Love

SANDFORD MUSIC FACTORY

Save Me

SANDFORD MUSIC FACTORY

Nowhere

SANDFORD MUSIC FACTORY

Tal vez tamén che gusten