• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
IX Voltios

IX Voltios nace como un trío de rock sen máis pretensión que a pura diversión e a procura da expresión a través da música. Os seus tres membros ve´ñen de proxectos anteriores (Superglú, Pachamama, Appratto, Carmen Rey), así que pronto comezan a compoñer temas que xorden desde a perspectiva de trío e perseguen un son potente e contuntende, baseados en estruturas non convencionais e letras impecables, selo de Carlos.

Desde aquela non pararon de crear e, con moito esforzo, IX Voltios conseguiu ser autosuficiente no xeito de facelo: teñen o seu pequeno estudio de gravación, o que lles permite non escatimar en tempo á hora de compoñer.

A banda transfórmase en cuarteto coa incorporación de Tito Calviño, considerado un dos mellores guitarristas do actual panorama musical en Galicia e parte esencial da banda de SES. A súa prioridade foi crear un repertorio propio, polo que se apartan dos escenarios e, tempo despois, estrean “Vuelta a Empezar” o seu primeiro videoclip.

En 2017, Cafú irrompe na banda, toma as cordas e insta aos demais membros a meterse en estudio e gravar “algo”. Así, un ano despois, IX Voltios presenta a súa carta de presentación, o seu álbum debut,“IX Voltios” (2018), composto de 10 temas orixinais gravados en Estudios Bruar (A Coruña).

Contratación

IX Voltios
Carlos
(+34) 655 544 580
ixvoltiosrock@gmail.com

Discografía

IX Voltios

IX VOLTIOS

2018, IX Voltios

Vídeos

La ausencia del sol

IX VOLTIOS

Vuelta a empezar

IX VOLTIOS

Tal vez tamén che gusten