• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
The Rapants

The Rapants é unha banda de indie e garage formada en Muros en 2018. A súa andaina iníciase da man de Xanma e Samuel (Rapante), ambos guitarristas da vila aos que non tardarían en sumarse Xaquín á batería e Matías ao baixo e sintetizadores.

Cunha base musical apoiada en ritmos disco e guitarras indies, característicos de agrupacións como The Smiths, Terbutalina, The Growlers ou mesmo Novedades Carminha, o carácter destes catro mozos radica nunha actitude despreocupada e enérxica. As súas letras, para as cales empregan o galego e o castelán indistintamente, transmiten temáticas banais relacionadas con amores e desamores, a xuventude e a festa. En canto a estética, mesturan elementos alusivos ao rock and roll do último século, con detalles máis comúns na cultura urbana actual e a contracultura surfeira.

Contratación

Carrilanas Esteiro
Álvaro Cachinho
626 339 200 - 629 990 330
alvaro@carrilanasesteiro.com

Discografía

O Corasón Como Un After

THE RAPANTS

2023, Fábrica de Chocolate Club

Nic Bahía

THE RAPANTS

2021, The Rapants

Cariña de Raposo

THE RAPANTS

2019, The Rapants

The Rapants

THE RAPANTS

2018, The Rapants

Que Fluya

THE RAPANTS

2018, The Rapants

Vídeos

O Avión

THE RAPANTS

A Festa Do Meu Enterro

THE RAPANTS

Tal vez tamén che gusten