• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Lontreira

Non nos gusta definirnos como unha unidade concreta dun estilo concreto ou un pensamento lineal. Somos un sopro de aire fresco durante unha apnea colectiva. E isto é o que queremos expresar co que facemos.

Neste caso, a música é o que nos une. Somos Héctor (produtor e teclista), Adriana (letrista e voz) e Iván (guitarra e voces), somos Lontreira.

Coñecémonos no centro de Vigo unha madrugada calquera, e descubrimos que o noso afán de crear daba lugar a un son particular que nin sequera sabiamos clasificar. Gústanos presumir de ser un grupo con música e elementos audiovisuais completamente autoproducidos, excluíndo algunha que outra colaboración.

Pasaron os meses e, como quen non quere a cousa, gañamos un concurso que resultou unha explosión de motivación para o nacemento de “APNEA” (2023), o noso primeiro disco. A raíz disto comezamos a saír todos os días na TVG con ‘Corazón de Toxo’. A súa publicación foi o punto clave no que comezamos a non crer o que nos estaba a pasar. Un par de meses despois chamáronnos para dar o noso primeiro concerto en decembro de 2022 e, a partir de aí, todo foi un non-stop surrealista.

Tocamos moitos xéneros diferentes e sinestesias dos mesmos distintos, indo dende os matices latinos ata o transo ou o verso recitado.

Se queredes coñecer un pouco máis a fondo quen somos só tendes que botarlle un vistazo ás nosas redes ou á nosa web.

Contratación

lontreira
Avelino Cores
608 547 246 - 639 210 901
contacto@lontreira.gal

Discografía

APNEA

LONTREIRA

2023,

Vídeos

A Fonte

LONTREIRA

Corazón de Toxo

LONTREIRA

Tal vez tamén che gusten