• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Diariodeverano

Diariodeverano é unha aposta de pop alternativo que nace en 2013 como proxecto persoal de Iago Gordillo, un coruñés que, tras pasarse anos soprando o saxo no Conservatorio da Coruña, comeza a gravación do seu primeiro traballo en Drum&Roll Studios: "El extraordinario hombre estacionario". Un EP de seis temas no que participan os músicos Iago Blanco e David Ferreiro e que ve a luz en xaneiro de 2015 tras unha exitosa campaña de crowdfunding.

A banda actual complétana Iago Blanco, Daniel Añón e Alejandro Rapitis, que en marzo de 2015 debutan na la Sala Mardi Gras da Coruña ante un centenar de persoas. Xiran por máis salas coruñesas ese año ata gañar o certame Xuventude Crea da Xunta de Galicia na Sala Sónar de Santiago de Compostela.

En febreiro de 2016 publican en formato dixital tres cancións máis dentro do álbum "O.L.A." e en maio lanzan o seu primeiro videoclip, "Todo va a ir bien", seleccionado no Festival de Cans e o Primavera do Cine. Este verán pasáronse polo Festival Noroeste Estrella Galicia e polo ciclo Atardecer no Gaiás.

A música de Diariodeverano navega entre distintos estados de ánimo dentro do pop cunhas letras que apuntan á nostalxia.

Contratación

Iago Gordillo
(+34) 605 122 475
iago.gordillo@gmail.com

Discografía

O.L.A.

DIARIODEVERANO

2016, Diariodeverano

El extraordinario hombre estacionario

DIARIODEVERANO

2015, Diariodeverano

Vídeos

Todo va a ir bien

DIARIODEVERANO

No hay lugar (Vídeo de letra)

DIARIODEVERANO

Obsolescencia programada (Vídeo de letra)

DIARIODEVERANO, PAULA PÉREZ (DE LA DANCE)

1829

DIARIODEVERANO

Tal vez tamén che gusten