• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Naitinain

Naitinain é un grupo de pop rock que se caracteriza polas súas letras, vistas desde a ironía de diferentes situacións que vive a xuventude. O paso do tempo, o amor e o autoconcepto reflíctense nas súas cancións.

A banda compostelá está a explorando a combinación de sintetizadores con elementos da música tradicional, incluíndo nas súas composicións recursos como a gaita, a frauta, ou as pandeiretas, entre outros, dentro dunha base roqueira moito máis presente nos seus anteriores traballos. Todo isto dá lugar a un proxecto en continua evolución no relativo ao son e á procura de diferentes posibilidades que acheguen frescura e identidade sonora ao grupo.

Un dos valores fundamentais da agrupación é a enerxía que desprenden enriba dos escenarios, onde xa teñen unha considerable bagaxe en salas e festivais como a Sala Malatesta ou o Festival de la Luz entre outros.

En canto ás influencias dos seus traballos, estas xorden de diversos puntos, como poden ser o rock, pop ou punk mais clásicos; os sons característicos da nova escena de bandas nacionais e inclusivas; ou referencias e ritmos de novas correntes urbanas como o hyperpop ou o pospunk, facéndose presentes e dotando de singularidade os vindeiros proxectos musicais na que a banda compostelá se atopa.

Contratación

Naitinain
Óscar Álvarez Pereira
646 984 700 - 620 009 473
naitinain.contacto@gmail.com

Discografía

Pa Que Lo Entiendas

NAITINAIN

2023, Independente

Zona Vella (single)

NAITINAIN

2023, Distrokid

Falling, PT. 1

NAITINAIN

2020,

Falling, PT. 2

NAITINAIN

2020,

Vídeos

Zona Vella

NAITINAIN

Maldito

NAITINAIN

Intro

NAITINAIN

Ergo

NAITINAIN

Trapped

NAITINAIN

Tal vez tamén che gusten