• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
SeKadra

SeKadra é un dúo galego-brasileiro formado a principios de 2022. Os seus integrantes son Arturo Rúa (teclados, sintetizadores) e Paulo Silva (batería, percusión, sintetizadores).

Baseándose na música tradicional galega e as influencias da tradición escandinava, jazz, flamenco e brasileiras, a súa música é unha exquisita e poderosa fusión de fermosas melodías, ritmos complexos e pegadizos, así como enfoques sutís da electrónica. Todas estas influencias conviven integradas e enmarcadas dentro dunha interacción orgánica apoiada no puro pracer de tocar música xuntos, que chega desde que se coñeceron por primeira vez en 2021 e revelaron a posibilidade de crear un dúo no transcurso de varias conversacións.

A súa curta pero non menos intensa carreira levou a SeKadra a varios escenarios, salas e teatros de España, así como a participación no recentemente creado festival alternativo Sons D'Ardora.

Estiveron tocando, gravando e ou compartindo escenario como músicos de acompañamento a artistas de ampla proxección internacional como Dulce Pontes, Archie Lee Hooker (sobriño de John Lee Hooker), Abe Rábade, Uxía Senlle, NARF, Ton Risco, Jorge Pardo, Roxane Butterfly, Nikolai Kemeny, Odaiko Percussion Group, Ana Belén, Soledad Giménez, Joan Manuel Serrat, Layne Redmond, Robin Banerjee (exguitarrista de Amy Winehouse) e Alceu Valença, entre otutros moitos.

Contratación

SeKadra
Paulo Silva
+34691480158
se.kadra.tocamos@gmail.com

Discografía

SeKadra

SEKADRA

2023, Camundongo Production

Vídeos

Video Promocional SeKadra

SEKADRA

Muiñeira de Freixido

SEKADRA

I Fit Squares

SEKADRA

O Cura de Cortegada

SEKADRA

Tal vez tamén che gusten