• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     

Meu

Meu

Catorce anos despois de ofrecer o seu último concerto, Meu retorna ao circuíto pop. Faino co peso da experiencia e o maletín cargado de cancións atemporais, xeradas con pulso punk, melodías power pop e toda unha serie de matices que invocan a new wave máis xenuína. Pero, sobre todo, con ganas de demostrar o que son: unha das formacións máis relevantes que nos proporcionou o pop galego no século XXI.

Artesanía e inspiración en pos de reivindicar álbums tan sobresaíntes como “What's Up?” (Rock On, 2005) e “Did You Hear?” (Rock On, 2007), mostras inequívocas dunha metodoloxía do ben facer que arranca en 2004 coa formación dun supergrupo integrado por membros de Deluxe, Elephant Band, Ultracuerpos e Triceratops, encarnados na súa primeira formación por Ricardo Saavedra, Nacho Mora, Mikelini e Ramón Saleta.

De semellantes varas, emerxeu unha proposta insubstituíble ao longo de tantos anos de ausencia, que agora regresa para reclamar o sitio que sempre foi seu e que ninguén soubo ocupar en todo este tempo.

Contratación

Esquío
Marcos Gendre

marcos@esquio.org

Discografía

Did You Hear?

MEU

2007, Rock On Music

What's Up!

MEU

2005, Rock On Music

Vídeos

Wretch, Wash Your Hair

MEU

So Happy - MEU | Directo en Ipop TVE 2006

MEU

Psycho Killer | Directo en Ipop TVE 2006

MEU

Make It Worst. Directo TVG

MEU

Make It Worst

MEU

Tal vez tamén che gusten