• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Lisdexia

Lisdexia é unha banda de punk-rock orixinaria de Muros (A Coruña) formada por Fran Trillo (voz), Fran Lestón (guitarra), Antón Vara (baixo), Chema Caamaño (batería) e Javier Fernández (guitarra). Xuntáronse coa idea de facer música punk en galego caracterizada polo ton político e revindicativo, cun estilo que foi mudando co tempo froito da constante inspiración da banda e o xogo con diferentes sons.

En novembro de 2018 publicaron o seu primeiro traballo “Chejar e encher”. En 2022 foi a quenda de “Espabila as mamadas”, un EP de catro cancións que adiantaba o posterior percorrido da banda, deixando atrás o ton político para crear música dedicada á festa e o goce do público.

En Abril de 2025 presentan “Esclavos Do Baile” un EP de seis cancións que mostran toda a evolución da banda e recolle tamén influencias de estilos como o pop e o funk, sen esquecer o seu xenuino son garage. Un traballo que mostra a súa transición nos últimos anos para xogar con novos sons, sen esquecer as letras reivindicativas e divertidas que convidan ao público a meterse a fondo na música.

Contratación

Alende
Sara
620 125 057‬
ola@alende.gal

Discografía

Esclavos do Baile

LISDEXIA

2025, Lisdexia

Espabila As Mamadas

LISDEXIA

2022, Lisdexia

Vídeos

Esclavos Do Baile

LISDEXIA

Tal vez tamén che gusten