NOVOEU nace en Narón e fala da sombra da nosa vida persoal. Deses lugares que ás veces preferimos non mirar. Nace da dor das persoas que se van e do esforzo por non deixar que a súa lembranza se borre. Da frustración diaria, dos momentos que a mente bloquea para poder seguir e de todo aquilo que queda dentro cando xa non sabemos como dicilo. NOVOEU é memoria, perda, identidade e renacemento. Un xeito de mirar cara atrás para entender quen fomos, quen somos e todo o que aínda permanece en nós. Porque ás veces, para atopar un novo eu, primeiro hai que volver a todo aquilo que pensamos que esqueceramos.
Contratación
Adrián Salgado Caldas 664 023 212 adrianesece@icloud.com
