• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
CAXADE

CAXADE é o novo proxecto persoal de Alonso Caxade. Indie-folk cun arrecendo a música minimalista e a sons bucólico-pastorís da vella Europa. Música elegante, modesta e sinxela, surrealismo post-modernista e discurso reivindicativo, metafórico e irónico.

CAXADE é neste momento unha banda musical, pero naceu no último trimestre de 2012 como un proxecto audiovisual transgresor a través da publicación das vídeo-creacións "Dança dos Moscas", "Gente Pota" e "Sr. Xorda" (con Javier Antelo Seoane, Iria Pinheiro e Tánia Ameneiro), un universo surrealista de persoas poderosas con cabezas que soan ao choco das potas, que moven fíos para enganarnos no menú que temos que comer, con intencións de ilusionarnos converténdonos en moscas danzando arredor do seu manxar favorito e que, no fondo, crean a utopía coa que soñan: que non nos escoitemos nin nos organicemos, porque eles tampouco queren oír.

Premio Opinión ao Mellor Artista e Gañador do Certame Música Xove

Nominado aos Premios Galegos da Música, aos Mestre Mateo e aos Premios de la Música Independiente

Alonso Caxade (voz e acordeón) presenta o seu primeiro disco "A Dança dos Moscas" xunto a Manu Paino (trompeta e carillón), Manu Espinho (bombardino) e Xosé Tunhas (batería).

Contratación

Alonso CAXADE
(+34) 646 806 100 - (+34) 660 073 578
caxade@gmail.com

Discografía

E isto é o Amor

CAXADE

2016, Discos da Máquina

A dança dos Moscas ao vivo

CAXADE, BANDA DE MUSICA DA BANDEIRA

2015, Discos da Máquina

A Dança dos Moscas

CAXADE

2013, Discos da Máquina

Vídeos

E isto é o Amor

CAXADE

Demos Graças

CAXADE

Capadores de Extraterrestres

CAXADE

Afiador da Realidade (ao vivo)

CAXADE

Sr. Xorda

CAXADE

Gente Pota

CAXADE

Tal vez tamén che gusten

Os Amigos dos Músicos

Batemento

Guadi Galego

Roger de Flor e Os Silvestres