• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Os Amigos dos Músicos

Os Amigos dos Músicos publican o seu primeiro disco: un conxunto de cancións nas que xuntan o propio co alleo para dar forma a un discurso fragmentado no que as distintas voces se van sucedendo, mais no que aos poucos vai emerxendo a coherencia do horizonte.

A banda, que sempre buscou referentes na canción popular galega, establece con este álbum un compás para dirixirse en tal singradura. As coordenadas que, dun xeito simbólico mais tamén obxectivo, marcan Curros Enríquez, Suso Vaamonde, Manuel María e Luis Emilio Batallán son o risón que permite pararse e levantar a vista, só para proseguir a viaxe. Unha mostra deste ánimo de descuberta son os seus concertos nos que presentan o seu amplo rexistro musical a través da sutileza dos cambios de dinámica e a mestura das distintas voces que compoñen a banda.

Para plasmar todas estas voces e ambicións, Os Amigos dos Músicos xuntáronse en distintos momentos dos dous últimos anos nos Estudios A Ponte (Santiago de Compostela) para gravar un disco de produción propia no que contaron con Tomás Ageitos como enxeñeiro de son, as mesturas correron a cargo de Druso L. Pedrouzo e da masterización encargouse Dr. Chou. Federico Álvarez realizou as fotografías interiores e María Grande o deseño co que se presenta o álbum nos formatos de CD e LP.

Logo dun tempo percorrendo os palcos do país, Os Amigos dos Músicos presentan un traballo que máis que un resumo do anterior, pretende ser unha introdución a un tempo novo.

Contratación

Gran Derby Records
Arcadio Nóvoa
(+34) 639 186 348 - (+34) 600 404 074
nos@osamigosdosmusicos.eu

Discografía

A banda

OS AMIGOS DOS MÚSICOS

2016, Gran Derby Records

Os Amigos dos Músicos

OS AMIGOS DOS MÚSICOS

2016, Gran Derby Records

Alalá ao sol

OS AMIGOS DOS MÚSICOS

2015, Gran Derby Records

Vídeos

A banda

OS AMIGOS DOS MÚSICOS

Filloa Cassette en acústico presenta a Os Amigos dos Músicos

OS AMIGOS DOS MÚSICOS

Ukelele Kit Project

OS AMIGOS DOS MÚSICOS

Osaka

OS AMIGOS DOS MÚSICOS

Tal vez tamén che gusten