• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Holywater

O rock’n’roll non é subir o volume, apertar os tres pedais de distorsión que rodean o micrófono, rachar a voz e menear a cabeza como se che fora a vida niso. Logo de cinco discos e un silencio discográfico de sete anos, Holywater entendeu que, para revolucionar aos demais, tiñan que revolucionarse a si mesmos.

O retiro á vida na “fraga” de Ricardo Rodríguez (voz, guitarra, composición) motivo outra mecánica de traballo en Holywater que, como trío (Martín Alonso, Mito e Ricardo), cambiou o local de ensaio polo salón do piso de Martín, abrigados por unha guitarra española, unha acústica e un baixo; unha inspiración conceptual naturalista onde a vida rodeada de natureza e vida salvaxe da Paradanta acabou emitindo os seus sons nas novas composicións do combo galego.

Cun son inspirado nos bosquexos da natureza, que cambiou a virulencia e descarga do rock eléctrico polos instrumentos de madeira, Holywater encerrouse en Planta Sónica 2 a rexistrar, con Álex Vilas á batería, o que, posiblemente, sexa o seu álbum máis sentido, directo, sen manobras nin ambaxes: “Arboreal” (Ernie Records, 2019), pura verdade desde a primeira ata a derradeira nota.

Sen perder o empaquetado rockeiro e un son que lembra a discos tipo “Harvest” de Neil Young, achegamentos electroacústicos de bandas como Alice in Chains ou Pearl Jam, ao rexistro máis puro de Uncle Tupelo ou Whiskeytown, “Arboreal” amosa que o rock’n’roll non entende de volumes nin de piruetas nin manobras de escape, senón de verdade.

Contratación

Ernie Records
Josiño Carballo
(+34) 986 767 419 - (+34) 659 928 488
josino@ernierecords.com

Discografía

Arboreal

HOLYWATER

2019, Ernie Records

Wasteland

HOLYWATER

2012, Ernie Producciones/Records

The Path to Follow

HOLYWATER

2010, Ernie Records

Tranquility

HOLYWATER

2008, Astro

Sides

HOLYWATER

2004, Astro

Handle with Care

HOLYWATER

2002, Astro

Vídeos

Light to Me

Dive in Time (Live on Litium)

HOLYWATER

Shame on us

HOLYWATER

Wasteland (Live on Litium)

HOLYWATER

Tal vez tamén che gusten