• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Novedades Carminha

Sen perder un ápice de frescura e irreverencia xuvenil, Novedades Carminha están de volta co seu novo álbum de estudio. Sensible pero canalla, "Juventud Infinita" (Ernie Records, 2014) evoluciona cara a terreos musicais onde a contundencia do garage de factura lo-fi se dá a man co pop máis pegadizo, con tinguiduras de psicodelia e punk a partes iguais. Producido por Ángel Kaplan en Xixón e masterizado por Noel Summerville (The White Stripes, Black Lips, My Bloody Valentine...) no seu estudio de Londres, "Juventude Infinita" vén cargado con 10+1 enerxéticos pildorazos para gozar na pista de baile, que apuntalan a Novedades Carminha como máxima referencia do garage-pop cantado en castelán.

A banda galega dá un salto cualitativo con este novo traballo, abrazándose a sons máis coidados e a composicións cheas de creatividade e dinamismo. Iso si, sen renunciar nin por un instante aos sinais de identidade que os trouxeron ata aquí. Sen dúbida estamos ante o máis esperado álbum da banda, consolidada na escena independente española grazas aos seus divertidos e irresistibles directos e a un bo puñado de himnos xeracionais atemporais.

Contratación

Ernie Records
Josiño Carballo
(+34) 986 767 419 - (+34) 659 928 488
info@ernierecords.com

Discografía

Ultraligero

NOVEDADES CARMINHA

2019, Ernie Records

Campeones del mundo

NOVEDADES CARMINHA

2016, Ernie Records

Juventud infinita

NOVEDADES CARMINHA

2014, Ernie Producciones

Jódete y baila

NOVEDADES CARMINHA

2011,

Sinceramente Carminha

NOVEDADES CARMINHA

2010, Bowery

Te Vas con Cualquiera

NOVEDADES CARMINHA

2009, Lixo Urbano / Rumble

Vídeos

Verbena

NOVEDADES CARMINHA

El Vivo al Baile

NOVEDADES CARMINHA

Te Quiero Igual

NOVEDADES CARMINHA, FT. ALBA GALOCHA

De vuelta de Todo

NOVEDADES CARMINHA

Jódete y Baila

NOVEDADES CARMINHA

Juventud infinita

NOVEDADES CARMINHA

Tal vez tamén che gusten