• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Pedrito Diablo & Los Cadáveras

Instro Surf, Country & Western, Mariachi, Groovie, Rock & Roll, Psychodelia, Latin... son algúns dos elementos que levan estes foraxidos nas súas alforxas e que combinados con elegancia e certas doses de bruxaría (para que negalo?, son das Rías Baixas e iso nótase), forman o sinal de identidade deste peculiar cambo.

Pedrito Diablo & Los Cadáveras nacen baixo a luz das estrelas dunha noite de 2010, con perigo baixo o brazo, pólvora no corazón e afiadas e cristalinas melodías no punto de mira. Coa forza dun escorpión famento e a precisión do cirurxián de Whitechapel comezan a dar forma a unha excitante banda sonora a cal lles acompaña desde entón na súa particular e alucinada travesía. Unha travesía que discorre polo deserto dos ríos de tequila, das rosas e a mescalina.

"Eu non falo moito e o meu rifle só dispara rock". Esta é a máxima que segue fielmente a banda de Pedrito Diablo & Los Cadáveras. A súa mensaxe non se oculta tras falsas ladaíñas no nome do rock, o seu é darlle banda sonora ás aventuras e desventuras do seu público, ese rockeiro con corazón que tamén sabe apreciar a beleza dunha melodía única e orixinal. Non o dubiden máis se non se queren perder unha das experiencias sonoras máis atractivas en vinilo de ouro.

Contratación

Idearock
Xaime Casas
(+34) 986 472 556
idea@idearock.com

Discografía

Shambala​-​Rama Fa Fa Fa

PEDRITO DIABLO Y LOS CADÁVERAS

2014, Pedrito Diablo y Los Cadáveras

El Cuerno del Chivo

PEDRITO DIABLO & LOS CADÁVERAS

2012, Crack Records

Vídeos

La cárcel de Tijuana

PEDRITO DIABLO Y LOS CADÁVERES

¡qué chola tan rica!

PEDRITO DIABLO Y LOS CADÁVERES

Dos cruces

PEDRITO DIABLO & LOS CADÁVERAS

Rockin' Brahma (live)

PEDRITO DIABLO & LOS CADÁVERAS

Surfin' the Nile (live)

PEDRITO DIABLO & LOS CADÁVERAS

Desenfunda forastero

PEDRITO DIABLO & LOS CADÁVERAS

Tal vez tamén che gusten