• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Sés

Se algo podemos destacar de SÉS é o seu enorme carisma e forza persoal, xa de sobra amosada en centos de concertos ao longo de toda Galiza, percorrendo diferentes escenarios, pobo tras pobo e cidade tras cidade. Aos poucos e grazas á transmisión boca-orella, a súa intensa personalidade e honestidade á hora de manifestarse, foi conquistando o público cun caudal de enerxía que chama pola unión e o cuestionamento do establecido.

Co xenio destrozado é un traballo feito con orgullo identitario, frescura e vitalidade, que pretende concentrar nunha presa de cancións viscerais e paixonais a potencia do directo. Temas de cantautora vestidos de blues, rock e sons do continente hispanoamericano.

Gravado nos estudios BRUAR, da Coruña, e producido por María Xosé Silvar, a propia SÉS, neste traballo conta cos seus músicos habituais nos directos: Tito Calviño (guitarra), Marcos Pazo (batería) e Fran Sanz (baixo).

Contratación

DZPro
Iván Sanjurjo
(+34) 649 381 132 - (+34) 981 490 018
ivan@dezetapro.com

Discografía

Opoñerse á extinción

SÉS

2016, Fol Música

Tronzar os valos

SÉS

2015, Fol Música

Co xenio destrozado

SÉS

2013, Fol Música

Admirando a condición

SÉS

2001, Airapro Producións

Vídeos

Desde o altar

SÉS

A paz esquiva

SÉS

Como eu canto

SÉS

Un xeito de borrarte

SÉS

Milonga de aquí

SÉS

Co xenio destrozado

SÉS

Tal vez tamén che gusten