• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
AnodhoR

AnodhoR nace en 2013 da man de dous amigos, Jota (voz) e Tin (violín) que, tras deixar atrás os seus anteriores grupos, deciden combinar os seus estilos creando así un xénero un tanto peculiar fusionando folk con death metal. A eles úneselles Bruno (whistle) e comezan unha etapa de gran inestabilidade na que, pese a realizar algún concerto e recibir algún premio local, a banda centrarase en buscar músicos que se sintan identificados con este estilo minoritario.

Aínda coa incorporación de Alba (baixo) e Saúl (guitarra) pouco tempo despois, AnodhoR non completará a súa formación definitiva ata finais de 2015 con Jacky (batería) e Sergio (guitarra). É nese momento no que a agrupación afronta un ilusionante periodo de auxe musical e decide gravar a súa primeira maqueta.

Comeza así, en 2016, un rexurdir que continuará con concertos xunto con bandas internacionais do mesmo xénero e coa publicación do seu primeiro traballo en decembro, “Break the Silence” (2016), marcando un punto de inflexión no futuro inmediato de AnodhoR e comezando a xira de presentación en 2017.

AnodhoR está formado por Juan Carlos “Jota” Hernández (voz); Bruno Cerviño (whistle); Martín “Tin” González (violín); Saúl Castro (guitarra); Sergio Area (guitarra); Alba Santiago (baixo) e Jacky Steel (batería).

Contratación

Discografía

Break the Silence

ANODHOR

2016, AnodhoR

Vídeos

AnodhoR - Filloas de Breogán

ANODHOR

Tal vez tamén che gusten